No mes de Marzo, na escola conmemoramos o "Día da muller"!! Sendo esta unha data tan importante, fixemos varias actividades para celebrala.
Unha das grandes sorpresas, foi a visita de Vero Rilo, deixou o listón moi alto e fíxonos disfrutar moitísimo da súa obra "Elas". Graciñas por estas con nós!
Dende a biblioteca, preparouse unha mesa do 8M con algunhas propostas de lecturas sobre a igualdade e o feminismo para que tanto as titorías coma os alumnos e alumnas puideran desfrutar lendo.
Tamén fixemos as xornadas de "Talleres pola igualdade" no que participaron todos os alumnos e alumnas. Estas consistían en doblar roupa, facer a cama, coser un botón, poñer a mesa, atornillar unha mesa, etc. Foron todo un éxito, aquí deixamos unhas fotiños para que botedes unha ollada porque as tarefas do fogar NON teñen xénero!!
Coa chegada da primaveira, tivemos a visita de polo correo do vento acompañados dunha muller exemplar de Poio, Rosa Rey. Contáronos a historia de esta muller, a través ilustracións, contos e música. Rematamos a xornada aprendendo a facer un retrato de Rosa, foi xenial!!
#8M #igualdade #VeroRilo #polocorreodovento
No hay comentarios:
Publicar un comentario