ENTROIDO MITOLÓXICO
Acaso había algunha dúbida da temática do noso entroido? Como non podía ser doutro xeito, con todo o cariño que lle temos xa aos nosos seres mitolóxicos galegos, qué mellor que caracterizarnos coma eles nestas datas.
O noso meco xa nos enviou os mandatos para arrincar esta semana. E coma sempre, os disfraces quedáronnos ideais! Xulgade vós mesmos.
Fixemos un pequeno desfile para compartir cos veciños esta festiña e amosar uns bailes que levábamos preparados. Por suposto, tamén presentamos os nosos seres mitolóxicos cun pequeno textiño que preparamos nas aulas.
Ao rematar, volta ao cole para merendar, sacar unhas fotos no "photocall mitolóxico" que crearon os maiores de sexto co seu profe e a seguir coa troula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario