TEMPO DE NADAL!
Nun abrir e pechar de ollos, chegamos ao final da primeira avaliación!O certo é que estes últimos días estivemos moi atarefados. Por unha banda, escribimos unhas postais de nadal para os nenos e nenas que acuden a aulas hospitalarias nestas datas.
Por outra banda, temos un calendario de advento moi esixente (pero que nos encanta!) no que se nos propón unha actividade diaria relacionada co Nadal.
Entre outras cousiñas, saimos a ver a aldea do Nadal, cantamos unhas panxoliñas aos nosos veciños da zona e puidemos desfrutar dun espectáculo teatral máis chocolatada. Que máis podemos pedir?
E xa para despedirnos ata o próximo ano, deixamos unha das felicitacións que argallamos este curso seguindo coa temática das construcións.







No hay comentarios:
Publicar un comentario