DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 🌿
O 30 de xaneiro, conmemoramos como cada ano o día escolar da non violencia e da paz.
Este ano, quixemos lembrar o valor dos nosos fogares e dedicarlles este día ás persoas que por diversos motivos marcharon dos seus fogares e teñen que vivir nun campo de refuxiados.
Seguindo co proxecto de centro, coñecemos un pouco máis cómo son as condicións de vida nestes lugares e qué tipos de refuxio podemos atopar. Despois, todos xuntos na biblio, desfrutamos do contiño "A viaxe de Abril", narrado pola nosa profe Andrea, que conta a historia dunha nena que ten que fuxir do seu fogar e soamente conta co seu peluche e unha mochila.
Como actividade, intentamos poñernos no seu lugar e imaxinar qué cousas importante meteríamos nós nesa mochila e colgámolas na biblioteca.
Ademais, seguido a proposta do concello, fixemos unha pequena exposición das nosas teteiras para a paz.




No hay comentarios:
Publicar un comentario