lunes, 4 de mayo de 2026

Última tarefa do curso

🐌🐟 CONSTRUCIÓNS ANIMAIS 🐝🐛


Tíñamos gardada unha última sorpresa dende a biblio. Seguindo co mundo das construcións, qué mellor que pechar o curso aprendendo algo máis sobre as construcións do mundo animal!

 

Así que o noso Luno non tardou moito en enviarnos información para ir descubrindo nas titorías datos súperinteresantes das vivendas no reino animal.

 


 Con toda esta información, pouco a pouco fomos armando estas fermosas propostas. Atentos e atentas ao resultado!

A primeira delas foi o noso abelleiro de contos, que xa decora a entrada da biblio. Cada un de nós elixiu o seu conto favorito para que formase parte desta colmea colectiva que servirá tamén como recomendación lectora dos uns aos outros.


 E por último, os máis atrevidos animáronse a elaborar un hotel de insectos para o noso hortiño escolar e atraer deste xeito a insectos beneficiosos para a polinización das nosas plantas. Tras un proceso de investigación, recollida de elementos e montaxe, aquí tedes o primeiro!










 

viernes, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

📖 UN MES CHEO DE CONTOS 📖


O mes de abril sempre é un mes de moita actividade na nosa biblio e iso encántanos!


Xa que sempre defendemos a importancia de compartir, repetimos un curso máis a experiencia dos apadriñamentos lectores, xerando momento de relax e risas entre contiños, sendo os maiores de 4º, 5º e 6º os que lían aos máis peques.  



  Ademais, iniciamos novas experiencias. Todo o cole pasou pola Residencia de maiores Ballesol, para compartir cos nosos maiores algúns dos contos que máis nos gustan. E tivemos a sorte de que eles tamén quixeron compartir connosco algunha historia.


 E por último, pero non menos importante, o día do libro recibimos uns libriños de agasallo para darlles unha segunda vida nas nosas estanterías. 



 


Como vedes, este mes veu cargado de actividades que son as que realmente nos enriquecen 💙

jueves, 23 de abril de 2026

Premios "Canta Rosalía"

Finalistas do premio "Canta Rosalía" 


A xornada de onte foi moi especial para todo o cole. Fixemos unha pequena excursión ao Auditorio de Príncipe Felipe xa que fomos elixidos finalistas do concurso "Canta Rosalía" da Deputación de Pontevedra co noso vídeopoema.

 



Ademais de desfrutar desta xornada diferente na que puidemos escoitar música en directo e ver o vídeo dos finalistas, levamos de agasallo unha escolma de libriños novos para a nosa biblioteca. Foi un día cheo de verbas e música en galego que nos encantou compartir con outros centros :) 

 



lunes, 30 de marzo de 2026

Actuacións do mes



VISITAS DE MARZO


Este mes foi moi intenso. Tivemos a sorte de que viñeron ao centro unha morea de artistas a encher o cole de arte e diversión.

En primeiro lugar, Anxo Moure veu contar uns contiños á nosa biblio relacionados coa natureza.


E por outra banda, o día do teatro celebrámolo cunha gran obra de teatro: "DEDÍN, DEDAL". Cantamos, contamos, cosemos e emocionámonos con esta actuación chea de tenrura.







lunes, 23 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA

 POEMARIOS DE PETO


O pasado 20 de marzo celebramos o día da poesía, iniciando coma sempre cunha exposición dos libros que máis nos gustan relacionados con este xénero.




E xa que este ano temos a fortuna de contar co noso alumno de prácticas Diego Bará, experto en poesía, qué menos que pedirlle que comparta con nós algo do seu coñecemento.



 E así foi como desfrutamos dunha mañá elaborando uns bonitos poemarios de peto, que enchemos con versos que preparou Diego para todos nós. 

 


E finalmente, os maiores de 4º, 5º e 6º crearon os seus poemas en grupo, xuntando versiños que nos trouxo o profe. Deste xeito descubrimos a beleza de crear os noso propios poemas en grupiño.



miércoles, 18 de marzo de 2026

Día da muller

 8 M


Un ano máis conmemoramos unha das datas máis relevantes do ano: o día da muller. 
Este curso decidimos participar no concurso da Xunta "o noso canto: máis voces, máis igualdade".




Despois de escoitar a canción proposta que tanto nos gustou, por clases deseñamos un cartel que o representase. Os resultados foron preciosos 💫

Tan bonitos que...sabedes? Resultamos gañadores! O grupo de terceiro de primaria acudiu á entrega de premios en Santiago de Compostela e desfrutamos dun día marabilloso 💕






martes, 10 de marzo de 2026

TEMPO DE ENTROIDO

 🏡🏢CONSTRUIMOS UNHA CIDADE 🚧🚦

Estábamos ansiosos porque chegara esta data...  Argallamos unha boa!
Xa que estamos feitos uns especialistas no mundo das obras, decidimos que o mellor era festexar este Entroido construindo a nosa propia cidade. E vaia se o fixemos!



Tamén fomos seguindo os mandadiños do noso Meco, que tamén se relacionaron co mundo do arquitectura.

 

Ata que chegou o gran día no que inauguramos a nosa bonita cidade. Con sinais, edificios públicos, tendas, rañaceos, casiñas pequenas e ata maquinaria de obra! Todo un espectáculo!



Imaxinádevos o éxito, que ata gañamos o primeiro premio na categoría grupal do desfile de Entroido de Poio.


Porque cando as cousas se fan con cariño, sempre hai bos resultados :)
O vindeiro ano, máis e mellor! Bo Entroido!