miércoles, 16 de diciembre de 2020
RECOMENDACIÓNS DE NADAL!
domingo, 13 de diciembre de 2020
TAN PRETO
Como sabedes tan só quedan unhas semanas para rematar este ano 2020 que tantos cambios nos troixo. Foron 12 meses nos que as nosas vidas e os nosos hábitos mudaron por completo. Agora é o momento de botar unha ollada atrás e recordar.
Para iso, hoxe traémosvos dúas propostas e un fermoso agasallo.
-A primeira delas é un conto moi especial adicado a todos os nenos e nenas de Poio. O conto chámase Tan Preto e foi escrito por Tamara Andrés e ilustrado por Marcos Viso. Non quero adiantarvos nada máis, gardade silencio e prestade moita atención!
O noso libro xa está empezado, anímaste a engadirlle novas páxinas? Estamos agardando por elas!Bótalle un ollo!
viernes, 11 de diciembre de 2020
JOAN MIRÓ
Xa estamos no mes de decembro e, con el chega o noso segundo pintor: JOAN MIRÓ. Ten obras moi chamativas nas que representa, entre outras cousas, o folclore catalán empregando formas abstractas e cores moi vivos. Seguro que vos vai encantar!!
Queredes coñecelo un pouco máis? Pois prestade moita atención a este vídeo:
Animádesvos a xogar coas formas xeométricas?
miércoles, 2 de diciembre de 2020
POR 4 ESQUINIÑAS DE NADA
O 3 de decembro celebrase o Día Internacional da Diversidade Funcional.
Por iso, queremos compartir con vos un pequeno conto titulado "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Rullier. Desta vez, vamos a escoitalo polas voces de algúns dos nenos e nenas da escola. Estades preparados?
Prestade moita atención!
Ademais, deixámosvos unha serie de libros para que lles botédes un ollo!
martes, 1 de diciembre de 2020
NOVIDADES
Comeza o mes de decembro e con el, as novidades da nosa biblio!!
Chegaron un montón de libros e contos novos para que poidades seguir descubrindo novas personaxes e novas historias! Temos un pouquiño de todo: libros de música para os máis bailongos, libros de poesía para xogar coas letras, contos de animais e libros para esmendrellar coa risa!
A que estás agardando?
miércoles, 25 de noviembre de 2020
25N
Como xa sabedes todos e todas o 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Este ano queremos deixar pegada no noso cole pero... como vamos a facelo?
Pois creando entre todos e todas frases pola igualdade. Frases para lograr unha sociedade mellor na que todos teñamos os meus dereitos e liberdades e na que non existan as diferenzas.
As que máis nos gusten, ficara nos chanzos das escaleiras do noso cole. Estamos desexando ver o resultado das fermosas ideas dos nosos nenos e nenas!
martes, 10 de noviembre de 2020
MATISSE
Como xa sabedes, ao longo deste curso coñeceremos moitos pintores e pintoras e vamos enterarnos de cales foron as súas obras máis importantes. Este mes, tocounos investigar a HENRI MATISSE, un pintor francés que ten obras moi coloridas!
Queredes saber máis sobre el? Pois prestade moita atención a este vídeo:



