lunes, 31 de enero de 2022

Día Escolar da non Violencia e da Paz

 Como cada curso celebramos no cole o Día da Paz.

 O lema prosposto para este ano era: "Un peixiño pola Paz".  Cada alumno/a era o encargado/a de escribir unha mensaxe positiva e con sentimentos bonitos neses peixiños tan variados para festexar este día. Ademais tamén puidemos disfrutar de diferentes lecturas relacionadas coa temática.

O resultado da actividade quedou fenomenal e sobre todo mooooi colorido. Déixovos aquí unha mostra. Espero que vos guste! 

🐠🐟🐡



lunes, 10 de enero de 2022

UNIVERSO DE EMOCIÓNS


Comezamos o segundo trimestre con esta imaxe do proxecto que levaremos a cabo ó longo deste curso que leva por título "UNIVERSO DE EMOCIÓNS". 
O principal obxectivo deste proxecto é descubrir distintas emocións que axudarán ó alumnado a ponerlle nome o que senten, identificando e entendendo esas emocións en diferentes situacións da súa vida, desenvolvendo a súa empatía, o que lle permitirá desenvolverse autonomamente no mundo no que viven. Cantas veces confundimos unhas emocións con outras? Ou non soubemos expresar claramente o que sentimos?  A través deste proxecto, descubrirémolo! 

😀😌😡😅😍😔😜😨😭😱😲










martes, 7 de diciembre de 2021

NOVIDADES!


 

  Hoxe traemos novas adquisicións de contos variados, súper chulos e divertidos para o noso alumnado. 👇

Esperamos que vos gusten tanto como a nós. 

😍

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N

 

Hoxe celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero. 

O ano pasado creamos unhas frases para a loita pola igualdade que quedaron moi chulas decorando as escaleiras do centro. Este ano quixemos facer unha representación das mesmas a través dun vídeo que quedou XENIAL! 👏

Aquí   👇    deixamos o enlace para que o poidades ver: 

https://youtu.be/MriOTib2_JA

O mellor do día foi, sen dúbida, a sesión de contacontos por Cris de Caldas para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia da igualdade e o respecto polos demais. 




lunes, 15 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA



En novembro celebramos no cole, o Mes da Ciencia, e para elo, deixamos na entrada unha gran exposición de libros para que poidan investigar sobre animais e plantas, mergullarse no mundo da astronomía e do espacio, aprender a facer pequenos experimentos...  

O noso alumnado vaise convertir en expertos científicos e científicas!





miércoles, 3 de noviembre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN!

O pasado venres celebramos o tan ansiado SAMAÍN!!



Disfrutamos dunha sesión terrorífica de conta contos na biblio, fixemos unha exposición de cabazas, decoramos o cole con distintos banderíns sobre esta festividade, ata volvemos participar no concurso de microrrelatos!

Vamos, que pásamolo de medoooooo!!!!

Sesión conta contos

Exposición cabazas 

Libros terroríficos

Bases concurso microrrelatos




lunes, 18 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe, 18 de Outubro, celebramos no cole o Día das escritoras.

Dende a nosa biblioteca puxemos a disposición do alumnado unha serie de libros dalgunhas das escritoras máis importantes da nosa terra. 

Para coñecelas un pouquiño mellor investigamos datos sobre as súas vidas.