martes, 23 de febrero de 2021

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de setembro homenaxeamos a Rosalía de Castro, unha das escritoras máis representativas e reivindicativa de Galicia pola defensa do seu pobo e da súa lingua. Coñecedela moi moi ben porque xa falamos moitas veces dela e porque nos gusta moito ler os seus poemas. Queredes coñecela un pouquiño máis? Pois prestade moita atención ao seguinte vídeo!!


Agora que xa sabedes un pouco máis, atrevédesvos a adiviñar estas  preguntas? Moita sorte

 

                                              (Preme na imaxe)

 

 


 

jueves, 18 de febrero de 2021

ENTROIDO


Bos días a todos e a todas, a semana pasada vivimos unha das festividades que máis nos gustan: O ENTROIDO! Pasámolo en grande e, como sempre o meco deunos instrucción de como tiñamos que vir cada día da semana. Desta vez, tocounos vir de pintores e pintoras. Troixemos flores como Frida Khalo, unha orella vendada como Van Gogh, puntiños na cara para aprender a técnica artística do "Puntillismo" e, por suposto, tamén tivemos que traer un ollo na fronte como os que pinta Miró, a quen xa coñecemos moi pero que moi ben!







miércoles, 16 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS DE NADAL!

Bos días a todos e a todas! Nuns poucos días comezan as vacacións de Nadal asique para que poidades seguir lendo ou escoitando historias, como cada ano, dexámosvos as nosas recomendacións de lectura, agardamos que vos gusten! 
 
Bo Nadal e boas lecturas! Vémonos no 2021!!
 
 

domingo, 13 de diciembre de 2020

TAN PRETO

Como sabedes tan só quedan unhas semanas para rematar este ano 2020 que tantos cambios nos troixo. Foron 12 meses nos que as nosas vidas e os nosos hábitos mudaron por completo. Agora é o momento de botar unha ollada atrás e recordar.

Para iso, hoxe traémosvos dúas propostas e un fermoso agasallo.

-A primeira delas é un conto moi especial adicado a todos os nenos e nenas de Poio. O conto chámase Tan Preto e foi escrito por Tamara Andrés e ilustrado por Marcos Viso. Non quero adiantarvos nada máis, gardade silencio e prestade moita atención!


-Como vistes, neste conto a autora fai un repaso de todas aquelas cousas que moitos de nos fixemos e sentimos durante moitos meses, como por exemplo recuperar os xogos perdidos ou cultivar a nosa paciencia. Agora é a vosa quenda, queremos saber que actividades novas coñecistes estos meses, que cousas botádes de menos ou que vos fixo sentir toda esta situación. Queremos crear o noso propio libro recollendo as vosas ideas. Para iso, só tedes que facer memoria e ilustar os vosos pensamentos. 

O noso libro xa está empezado, anímaste a engadirlle novas páxinas? Estamos agardando por elas!Bótalle un ollo!


















 

 




viernes, 11 de diciembre de 2020

JOAN MIRÓ

Xa estamos no mes de decembro e, con el chega o noso segundo pintor: JOAN MI. Ten obras moi chamativas nas que representa, entre outras cousas, o folclore catalán empregando formas abstractas e cores moi vivos. Seguro que vos vai encantar!!

Queredes coñecelo un pouco máis? Pois prestade moita atención a este vídeo:

 


 

Animádesvos a xogar coas formas xeométricas?

miércoles, 2 de diciembre de 2020

POR 4 ESQUINIÑAS DE NADA

O 3 de decembro celebrase o Día Internacional da Diversidade Funcional. 

Por iso, queremos compartir con vos un pequeno conto titulado "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Rullier. Desta vez, vamos a escoitalo polas voces de algúns dos nenos e nenas da escola. Estades preparados? 

Prestade moita atención!



Ademais, deixámosvos unha serie de libros para que lles botédes un ollo!










martes, 1 de diciembre de 2020

NOVIDADES

Comeza o mes de decembro e con el, as novidades da nosa biblio!! 

Chegaron un montón de libros e contos novos para que poidades seguir descubrindo novas personaxes e novas historias! Temos un pouquiño de todo: libros de música para os máis bailongos, libros de poesía para xogar coas letras, contos de animais e libros para esmendrellar coa risa!

A que estás agardando?