lunes, 16 de febrero de 2026

Día da radio

 DÍA DA RADIO


O 13 de febreiro celebramos o día da radio. Para conmemorar esta data, o alumnado de sexto argallou unha entrevista con Eva Mejuto para falar un anaquiño da súa obra "A lavandeira de San Simón".

 

Preguntámoslle sobre o proceso creativo, a investigación previa que tivo que realizar e como non, animámola a crear unha historia sobre o noso cole. Por pedir que non sexa! :)

 

Grazas coma sempre pola túa visita, Eva. 








viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 🌿


O 30 de xaneiro, conmemoramos como cada ano o día escolar da non violencia e da paz.


 

Este ano, quixemos lembrar o valor dos nosos fogares e dedicarlles este día ás persoas que por diversos motivos marcharon dos seus fogares e teñen que vivir nun campo de refuxiados.



Seguindo co proxecto de centro, coñecemos un pouco máis cómo son as condicións de vida nestes lugares e qué tipos de refuxio podemos atopar. Despois, todos xuntos na biblio, desfrutamos do contiño "A viaxe de Abril", narrado pola nosa profe Andrea, que conta a historia dunha nena que ten que fuxir do seu fogar e soamente conta co seu peluche e unha mochila.

 

Como actividade, intentamos poñernos no seu lugar e imaxinar qué cousas importante meteríamos nós nesa mochila e colgámolas na biblioteca.

 




 Ademais, seguido a proposta do concello, fixemos unha pequena exposición das nosas teteiras para a paz.




        






miércoles, 28 de enero de 2026

DEIXAMOS VOAR A IMAXINACIÓN

🏫O NOSO COLEXIO IDEAL🔨


No segundo ciclo puxémonos creativos e aproveitamos a temática deste ano para deseñar algo que sempre quixemos: 

o cole dos nosos soños!

 Así que como auténticos arquitectos, seguimos un proceso de deseño e elaboramos os planos do noso cole ideal, piso por piso.




Despois pasamos pola radio a gravalo e aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!



miércoles, 10 de diciembre de 2025

ACTIVIDADES DO NADAL

 TEMPO DE NADAL!


Nun abrir e pechar de ollos, chegamos ao final da primeira avaliación!
O certo é que estes últimos días estivemos moi atarefados. Por unha banda, escribimos unhas postais de nadal para os nenos e nenas que acuden a aulas hospitalarias nestas datas. 

 Por outra banda, temos un calendario de advento moi esixente (pero que nos encanta!) no que se nos propón unha actividade diaria relacionada co Nadal.



 

Entre outras cousiñas, saimos a ver a aldea do Nadal, cantamos unhas panxoliñas aos nosos veciños da zona e puidemos desfrutar dun espectáculo teatral máis chocolatada. Que máis podemos pedir?








E xa para despedirnos ata o próximo ano, deixamos unha das felicitacións que argallamos este curso seguindo coa temática das construcións.


miércoles, 3 de diciembre de 2025

Día internacional das persoas con discapacidade

 3 de decembro


Este día conmemoramos o día internacional das persoas con discapacidade. Nesta ocasión, e seguindo o proxecto anual, falamos da importancia da arquitectura inclusiva. 

 

Traballamos nas aulas unha presentación na que coñecemos qué son as barreiras arquitectónicas e porque é importante crear contornas accesibles para as persoas con discapacidade.
 

Despois, levamos a cabo un taller na biblioteca onde puidemos experimentar o aprendido, ver a necesidade real destas adaptacións do entorno e aprender a facer algunha de xeito sinxelo.

 

Na estación de discapacidade visual, aprendemos un pouco máis sobre os sistema Braille. 

 


Na relacionada coa discapacidade motora, fomos conscientes do importantes que son os ascensores para as persoas usuarias de cadeiras de rodas e seguindo uns modelos, construimos dous tipos diferentes de ascensor. 

 



 E por último, para a discapacidade auditiva aprendemos que é moi útil ter avisadores lumínicos na casa que avisen, por exemplo, de cando alguén está chamando ao noso timbre. Así que cuns LED, unha pila e un pouco de plastilina condutora, elaboramos o noso :)


viernes, 28 de noviembre de 2025

ARQUITECTURA NO MUNDO



CONSTRUCIÓNS DO MUNDO


Este curso temos a sorte de traballar sobre a aquitectura: coñecer diferentes tipos de construcións, materiais, diversas profesións...

 

E como non podía ser doutro xeito, este primeiro trimestre Luno tróuxonos unha proposta que vos queremos presentar.

 

Cada curso seleccionou unha construción característica dun lugar do mundo, e tras facer unha interesante e divertida investigación, presentámola ao resto de compañeiras e compañeiros para que tamén coñezan esas vivendas ás veces pouco habituais.

 

Aquí deixamos o resultado dalgúns destes traballos, que se poden consultar na exposición da entrada do cole.

 

Coñecíades todas estas vivendas? Contádenos! 





 

martes, 25 de noviembre de 2025

25 Novembro


 25 N


Este martes conmemoramos o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

 

Nesta ocasión, e seguindo coa temática das construcións que estamos a traballar este curso, toda a comunidade educativa quixo participar neste vídeo que se centra na importancia de destruir eses muros construidos dende o odio e a violencia cara as mulleres e polo contra, construir un novo mundo sustentado pola igualdade e o repecto.


NIN UNHA MÁIS!