jueves, 25 de febrero de 2021
CANTARTE HEI, GALICIA
martes, 23 de febrero de 2021
ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de setembro homenaxeamos a Rosalía de Castro, unha das escritoras máis representativas e reivindicativa de Galicia pola defensa do seu pobo e da súa lingua. Coñecedela moi moi ben porque xa falamos moitas veces dela e porque nos gusta moito ler os seus poemas. Queredes coñecela un pouquiño máis? Pois prestade moita atención ao seguinte vídeo!!
Agora que xa sabedes un pouco máis, atrevédesvos a adiviñar estas preguntas? Moita sorte
(Preme na imaxe)
jueves, 18 de febrero de 2021
ENTROIDO
miércoles, 16 de diciembre de 2020
RECOMENDACIÓNS DE NADAL!
domingo, 13 de diciembre de 2020
TAN PRETO
Como sabedes tan só quedan unhas semanas para rematar este ano 2020 que tantos cambios nos troixo. Foron 12 meses nos que as nosas vidas e os nosos hábitos mudaron por completo. Agora é o momento de botar unha ollada atrás e recordar.
Para iso, hoxe traémosvos dúas propostas e un fermoso agasallo.
-A primeira delas é un conto moi especial adicado a todos os nenos e nenas de Poio. O conto chámase Tan Preto e foi escrito por Tamara Andrés e ilustrado por Marcos Viso. Non quero adiantarvos nada máis, gardade silencio e prestade moita atención!
O noso libro xa está empezado, anímaste a engadirlle novas páxinas? Estamos agardando por elas!Bótalle un ollo!
viernes, 11 de diciembre de 2020
JOAN MIRÓ
Xa estamos no mes de decembro e, con el chega o noso segundo pintor: JOAN MIRÓ. Ten obras moi chamativas nas que representa, entre outras cousas, o folclore catalán empregando formas abstractas e cores moi vivos. Seguro que vos vai encantar!!
Queredes coñecelo un pouco máis? Pois prestade moita atención a este vídeo:
Animádesvos a xogar coas formas xeométricas?
miércoles, 2 de diciembre de 2020
POR 4 ESQUINIÑAS DE NADA
O 3 de decembro celebrase o Día Internacional da Diversidade Funcional.
Por iso, queremos compartir con vos un pequeno conto titulado "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Rullier. Desta vez, vamos a escoitalo polas voces de algúns dos nenos e nenas da escola. Estades preparados?
Prestade moita atención!
Ademais, deixámosvos unha serie de libros para que lles botédes un ollo!





